Tuesday 14 de May de 2024

Aberta ata o día 21 a inscrición para o IV Concurso de Tapas do Concello de Ordes


 

Terá lugar dende o 11 ata o 13 de xullo

O Concello de Ordes manterá aberto ata o próximo 21 de xuño o prazo para participar no seu IV Concurso de Tapas. Unha nova edición que se desenvolverá ao longo dos días 11, 12 e 13 de xullo e no poderán participar todos os establecementos hostaleiros do municipio que estén en posesión das pertinentes licencias. Para poder participar será necesario cumplimentar a ficha de inscrición que poderán obter no Departamento de Cultura. Cada bar ou restaurante presentará unha tapa, a cal estará a disposición da clientela durante os días que dure o concurso.